40 aniversario Alejandro

Non sei se é sinxelo ou complicado definir a Alejandro. Digamos que a súa forma de ser pódese resumir en que polo seu 40 aniversario agasallámoslle un cruceiro (de pedra, non dos de ir en barco) para chantar na eira da súa casa.

Non é, seguramente, a persoa máis crente do universo, pero si alguén que desfruta mantendo vivas as nosas tradicións. É unha desas persoas que o día da festa da parroquia convida a medio mundo a unha boa paparota na súa casa e que desfruta de vivir na casa da súa aldea rodeado de bichería.

Deixa unha resposta