Ola! Son Denís Bermúdez Delgado, vivo en Arzúa e son un galego orgulloso de selo. Traballo como administrador de sistemas Linux, pero fóra do traballo teño algunhas aficións que me definen.
Desde pequeno a música sempre foi a miña paixón. Aos 8 anos comecei os estudos de percusión na Escola de Música do meu concello. Máis adiante, interesado pola nosa música tradicional -e pola festa que a rodea- comecei a tocar a gaita. Gústame dicir que son percusionista e gaiteiro de taberna.
Hai uns poucos anos descubrín, por casualidade, unha nova paixón: a fotografía. Sempre fun dos que roñaban cando os demais se paraban a facer fotos, pero agora son eu o que fago agardar ás demais.
A idea deste sitio é poder compartir con vós algunhas das miñas fotos como aficionado á fotografía (que non é o mesmo que fotógrafo)
Pódesme contactar a través das redes sociais Mastodon e Instagram ou a través deste formulario.