Pese ao empeño que, ao longo dos séculos, os imperialistas fracasados puxeron en intentar esnaquizar o noso idioma, aquí segue: vivo e con futuro.
Faríamos mal se mirásemos para outro lado ante os datos que, hai uns meses, publicou o IGE sobre o uso do galego. E é que, por primeira vez, deixou de ser o idioma máis falado na Galiza. Estamos, efectivamente, ante unha emerxencia lingüística, pero sigo convencido de que o galego ten futuro.
Ten futuro con políticas públicas que favorezan o seu uso no ensino, na xustiza, nos medios de comunicación ou en calquera ámbito das nosas vidas.
Ten futuro se, esiximos, utilizalo en calquera dos nosos ámbitos.
E ten moito futuro, simplemente, se o usamos e llo transmitimos ás xeracións que veñen atrás.
Este 17 de maio, saímos á rúa máis unha vez, para demostrar que o galego ten futuro e para exixirlle ao PP que, dunha vez por todas, mude a súa política contra o galego.














Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.