O galego ten futuro

Pese ao empeño que, ao longo dos séculos, os imperialistas fracasados puxeron en intentar esnaquizar o noso idioma, aquí segue: vivo e con futuro.

Faríamos mal se mirásemos para outro lado ante os datos que, hai uns meses, publicou o IGE sobre o uso do galego. E é que, por primeira vez, deixou de ser o idioma máis falado na Galiza. Estamos, efectivamente, ante unha emerxencia lingüística, pero sigo convencido de que o galego ten futuro.

Ten futuro con políticas públicas que favorezan o seu uso no ensino, na xustiza, nos medios de comunicación ou en calquera ámbito das nosas vidas.

Ten futuro se, esiximos, utilizalo en calquera dos nosos ámbitos.

E ten moito futuro, simplemente, se o usamos e llo transmitimos ás xeracións que veñen atrás.

Este 17 de maio, saímos á rúa máis unha vez, para demostrar que o galego ten futuro e para exixirlle ao PP que, dunha vez por todas, mude a súa política contra o galego.

Xente na manifestación de Queremos Galego, con bandeiras da CIG Ensino
Persoa co puño en erguido na maniferstación de Queremos Galego
Muller sostén un cartaz co logotipo de Queremos Galego. En segundo plano un home leva unha bandeira da patria.
Dúas mulleres erguen pandeiretas. Por detrás vese unha bandeira da patria.
Crianzas e as súas familias sosteñen unha faixa en defensa do galego. Vese tamén algunha crianza tocando a pandeireta.
Muller sosteén un cartaz co logotipo de Queremos Gaelgo
Persoa de costas ergue a súa pandeireta. Vese de fondo o escenario do acto final da manifestación.
Pandeiretas levantadas.
Tres persoas erguen as súas pandeiretas. Ao fondo a multitutde da manifestación.
Moita xente na Praza do Obradoiro.
Cantareira cantando na foliada ao remate da manifestaación.
Varias persoas sosteñen a faixa principal da manifestación con pandeiretas.
Dúas crianzas na manifestación. Unha delas leva unha camiseta de Eu (corazón) o galego. Sostén un tambor e dúas baquetas.
Reaccións do Fediverso

Deixa unha resposta