Vilamor

Volvín en boa compaña a Vilamor, un lugar que desde pequeno gardo con agarimo na memoria. Esta vez, malia o reencontro coa beleza das súas paisaxes, funme dalí coa sensación de que a vida se apaga por alí. 

Casas pechadas, bancos baleiros, a igrexa rodeada de maleza, coches en desuso… Sempre son crítico coa fotografía que só amosa a cara triste do rural galego, pero as fotos que vedes, son as que o corpo me pedía.

Con todo, podedes ver que as cachenas levan boa vida e o pan e a empanada que saíron do forno sabían a gloria 😉

Edificación descoidada.
Un forno antigo. Hai un ferro de obra termando do tellado. Vense apeiros de cociña en primeiro plano.
Igrexa de Vilamor medio cuberta por maleza.
Pista en Vilamor. Pódese observar a pendiente do terreo e casas de pedra antigas.
Unha vaca cachena pacendo en primeiro plano. Ao fondo un carro e varias rodas de tractor tiradas.
Unha pequena furgoneta en desuso e chea de suciedade.
Reaccións do Fediverso

Unha resposta a “Vilamor”

  1. Avatar de O Galdo

    @dinisinho Caramba, já federa na minha instância.

Deixa unha resposta