dinisinho
dinisinho
@dinisinho@dinisinho.gal

Web persoal de @dinisinho@mastodon.gal. Aquí comparto o que fago como aficionado á fotografía.

9 posts
8 followers
Powered by
WordPress
Mastodon

@dinisinho

Instagram

@dinisinho

  • Altri Non

    O pasado domingo volvimos ás rúas de Compostela para berrar, unha vez máis, Altri NON! Máis de 80.000 persoas reclamamos á Xunta que, dunha vez por todas, denegue os permisos para a súa implantación. O pobo galego falou, de novo, alto e claro.

  • O galego ten futuro

    Pese ao empeño que, ao longo dos séculos, os imperialistas fracasados puxeron en intentar esnaquizar o noso idioma, aquí segue: vivo e con futuro. Faríamos mal se mirásemos para outro lado ante os datos que, hai uns meses, publicou o IGE sobre o uso do galego. E é que, por primeira vez, deixou de ser…

  • A Feira en Arzúa

    Arzúa é desas vilas que aínda conserva viva a súa feira. Son quicenais e celébranse todos os meses os días 8 e 22. Tanto ten en que día da semana cadren. Na feira de Arzúa podes atopar comida, roupa, ferramentas, zapatos, etc.. Até Arzúa achéganse veciños e veciñas de todas as parroquias do Concello e…

  • Vilamor

    Volvín en boa compaña a Vilamor, un lugar que desde pequeno gardo con agarimo na memoria. Esta vez, malia o reencontro coa beleza das súas paisaxes, funme dalí coa sensación de que a vida se apaga por alí.  Casas pechadas, bancos baleiros, a igrexa rodeada de maleza, coches en desuso… Sempre son crítico coa fotografía…

  • Pucheiros

    A Festa dos Botes é, por execelencia, a Festa da Xuventude Arzuá (XA). Na súa 41 edición tiven a oportunidade de tirar unhas fotos durante o xogo dos pucheiros. Esta é unha das actividades máis emblemáticas desta Festa, que consiste en pasarse pucheiros de barro.

  • 40 aniversario Alejandro

    Non sei se é sinxelo ou complicado definir a Alejandro. Digamos que a súa forma de ser pódese resumir en que polo seu 40 aniversario agasallámoslle un cruceiro (de pedra, non dos de ir en barco) para chantar na eira da súa casa. Non é, seguramente, a persoa máis crente do universo, pero si alguén…

  • Europeas 2024

    En xuño de 2024 celebráronse Eleccións ao Parlamento Europeo. Nesta campaña, desde o BNG, celebramos un dos mitins centrais en Santiso, onde o Non a Altri foi o discurso central.

  • Palestina vencerá!

    O pobo palestino leva décadas sendo masacrado polo Estado Terrosita de Israel, mais nos últimos anos está a sufir un xenicidio, co asasinato de milleiros e milleiros de persoas mentras a chamada comunidade internacional mira cara outro lado. Galiza sempre foi un pobo solidario e por iso levamos tempo saíndo ás rúas para denunciar o…

  • Fiz

    Fiz é o noso fillo e é quen, desde que naceu, centra en moitas ocasións a miña mirada fotográfica.